Programa de formación AUTÓNOMOS DIXITAIS

A Xunta de Galicia presentou o proxecto Autónomos Dixitais dirixido ás persoas traballadoras autónomas que desexen mellorar o seu grao de dixitalización, para adaptarse aos cambios na forma de comercializar os seus bens e servizos.
As acción formativas divídense en dous cursos de 50 horas – modalidade online.
- - Curso de fundamentos para crear un proxecto E-commerce. Dirixido , fundamentalmente, a persoa que non teñen coñecementos previos.
- - Curso especialista en E-commerce. Dirixido a persoas con experiencias profesioais ou formación previas.
As accións formativas contarán con catro paquetes para os destinatarios das acción:
- 1º Paquete:
o Destinado ás persoas autónomas entre 31 e 44 anos.
o Persoas que causaron baixa nesta actividade polo Covid19
- 2º Paquete:
o Destinado ás mulleres traballadoras autónomas.
- 3º Paquete:
o Destinado ás persoas traballadoras autónomas de máis de 45 anos.
- 4º Paquete:
o Destinado ás persoas traballadoras autónomas menores de 30 anos.
Requisito para anotarse:
- Estar dado de alta como traballador/a autónomo/a en Galicia ao comezo da acción formativa.
Pódese realizar a reserva a través das seguintes ligazóns:
●https://www.autonomosdixitais.com/
Comentarios
Sin comentarios en este momento!
Deje su comentario