A Asociación de Empresarios de Chantada naceu como tal dunha idea xurdida arredor do 1988-1989 a través dun reducido grupo de persoas que lle deron forma, ata que o 12 de xullo de 1990 quedaron legalmente redactados os estatutos e a acta fundacional da mesma. Por diversos motivos a Asociación estivo paralizada durante catro anos, ata que o 30 de marzo de 1995 a través dunha multitudinaria reunión foi elexida unha Xunta Directiva.

 

Dende ese momento a organización comezou a funcionar captando asociados/as, e realizando distintas accións para a dinamización do comercio local. Nesta época a Asociación de Empresarios coa campaña “MERCA NA TUA VILA” consegue un gran impacto e promociona de forma eficaz a coñecida enseña rexistrada CHANTADA CORAZÓN DE GALICIA.

Anos despois, creouse o centro comercial aberto Ribeira Sacra como fórmula de cooperación das pequenas empresas da vila ao igual que se fai a través dos CCA´s doutras vilas e ciudades do territorio nacional. A través do CCA Ribeira Sacra buscamos axudar ao fortalecemento e crecemento do tecido empresarial da vila de Chantada e á dinamización comercial.

Na actualidade contamos con máis de 150 asociad@s de diversos sectores como a hostalaría, comercio do máis variado e autónomos de distintas ramas.

Durante todo o ano realizamos campañas de dinamización comercial como A NOITE ABERTA, CAMPAÑA DE NADAL, CHANTAPAS, FEIRA DE OPORTUNIDADES… realizamos tamén tarefas de información fiscal, laboral e asesoramento sobre subvencións e outros trámites con administracións, xornadas de formación para os distintos sectores...