Xornada inspiradora "Muller e traballo autónomo: cara á igualdade"

O xoves 7 de abril, APE Galicia organiza unha xornada formativa en Lugo co fin de analizar e dar solución a algúns dos problemas cos que se atopa a muller á hora de acceder ao traballo autónomo.
Este ciclo de xornadas, coorganizadas coa Xunta de Galicia, buscan avanzar no terreo da igualdade de oportunidades no mercado laboral desde a perspectiva das autónomas.
De formato dinámico, participativo e de carácter práctico, onde as persoas asistentes poidan formular preguntas e cuestións aplicables ao desenvolvemento das súas actividades como persoas traballadoras autónomas ou emprendedoras, e que serán resoltas polas relatoras, que no caso da provincia de Lugo, estarán a cargo de Carla Reyes Uschinsky e de Belén Liste, subdirectora xeral de Emprego, que ademais dará a coñecer os programas específicos da Xunta para incentivas o emprego e a igualdade.
Esta xornada inspiradora será presencial (11.00 horas na sede de APREVAR ) Avenida Vegadeo 56, 27003 Lugo) e para poder acudir están xa abertas as inscricións a través da nosa web https://apegalicia.gal/
Para máis información visita a páxina de APE Galicia ou contacta con eles no 986 891 657
Comentarios
Sin comentarios en este momento!
Deje su comentario