Bonos impulso - Deputación de Lugo - Solicitude clientes

Do 1 de xuño ao 21 de xuño os clientes poden realizar a solicitude dos bonos impulso da Deputación de Lugo.
Chantada conta con 440 bonos despois do reparto realizado pola Deputación.
Quen pode solicitar o bono?
Calquera persoa que teña máis de 18 anos e resida ou esté empadroado nalgún concello da provincia de Lugo.
Como solicito o meu bono?
Cubre o formulario que aparece na seguinte ligazón: https://sede.deputacionlugo.org/oficina-lugo/tramites/acceso.do?id=8629&block=PROGRAMAS_DE_EMPREGO_1097&blockType=AREAS_SEDE
Onde debo presentar o formulario?
- No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo ou nalgún rexistro público (Concello , oficina de correos...)
- Sede electrónica da Deputación de Lugo (precisas certificado dixital)
Como recibo o meu bono?
O bono será enviado por parte da Deputación de Lugo ao teu domicilio xunto coa listaxe dos establecementos onde podes canxealos.
Que prazo teño para consumir o meu bono?
O prazo máximo é ata o 31 de agosto.
Podo gastar o meu bono en varios establecementos?
Non, o bono débese gastar nun único establecemento e nunha compra por importe mínimo de 60€
Podo gastar o meu bono noutra localidade?
Non, o bono debe gastarse na localidade na que residas e estés empadroado. Soamente se pode consumir noutra localidade se na que vives non se adheriu ningún establecemento.
Podo canxear o meu bono en compras de calquera produto?
Os únicos gastos que non se consideran subvencionables son : as bebidas alcohólicas non alimentarias, tabaco e loterías.
Comentarios
Sin comentarios en este momento!
Deje su comentario