Bonos activa comercio - ALTA CLIENTES

BONOS ACTIVA COMERCIO - ALTA CLIENTES
Quen pode solicitar un bono?
Calquera persoa física maior de idade e residente na Comunicade Autónoma de Galicia.
A partir de que data podo solicitar o meu bono desconto?
A partir do 24 de outubro. O saldo do teu bono será de 30€
Como realizo o rexistro como cliente?
1.- Rexístrate en http://www.bonosactivacomercio.gal Recorda ter a man o teu DNI e contar con unha conta de correo electrónico.
2.- Cubre os datos que se solictan na web tales como nome e apelidos, localidade, nº de teléfono…
3.- Sigue os pasos que a web che vai indicando no momento do rexistro.
4.- Activa o teu bono.
Como é o proceso de pago?
1.- Busca o distintivo nos teus establecementos de confianza.
2.- Realiza unha compra por un importe mínimo de 20€
3.- Ensina o teu bono a través da aplicación (Código QR)
4.- Paga a diferenza , despois de que se che realice o desconto.
5.- A propia aplicación actualizará o teu saldo dispoñible.
Podo gastar todo o meu bono no mesmo establecemento?
Si, pero debes facelo en compras distintas. Recorda que non che farán ningún desconto superior a 15€ sexa cal sexa o importe da túa compra.
Teño un prazo para gastar o meu bono?
Si, ata o 31 de decembro de 2022.
Canto me descontarán en cada compra?
Compras de 20€ a 29€ - 5€ de desconto
Compras de 30€ a 49€ - 10€ de desconto.
Compras de importe igual ou superior a 50€ - 15€ de desconto.
Podo solicitar un cambio ou devolución?
Podes cambiar o que desexes tendo sempre en conta a política existente no comercio en canto a cambios e devolucións. O comerciante non poderá devolverche, en ningún caso, o importe do desconto aplicado en efectivo.
Comentarios
Sin comentarios en este momento!
Deje su comentario