Reiníciate - Dixitaliza a túa empresa

person Publicado por: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CHANTADA list En: Category 1 En: comment Comentario: 0 favorite Golpear: 294

A Deputación de Lugo pon en marcha unha nova iniciativa dentro do Plan de Impulso da Economía da provincia. Logo do Bono Impulso no que trataron de fomentar o consumo, queren que as pequenas  empresas e autónomos da provincia, dean un paso máis de carácter cualitativo e cuantitativo na súa xestión a través da dixitalización, fundamental para o seu mantemento no futuro.

Nesta ocasión xunto coa Escola de Organización Industrial (EOI), lanzan o Programa REINÍCIATE: DIXITALIZA A TÚA EMPRESA.

Este proxecto componse de 16 programas divididos en dúas fases cun fin común: a Dixitalización das empresas.

Na primeira fase levaranse a cabo os seguintes desafíos:

 

Desafíos

Comarca

Data de inicio

DESENVOLVEMENTO DE NEGOCIO DIXITAL.

Lugo capital

2 de novembro

RETO EN DIXITALIZACIÓN: xerando tráfico, captando e fidelizando ao cliente, creando capacidades

A Mariña (Viveiro)

2 de novembro

RETO DE COMUNICACIÓN DIXITAL, entender os procesos de procura de información e procesos de compra

Terra de Lemos (Monforte)

2 de novembro

XESTIÓN DE DIXITALIZACIÓN. Aspectos xerais.

Meira - Terra Chá (Vilalba)

2 de novembro

RETO DE COMPETENCIAS DIRECTIVAS: crear confianza, capitanear a pluralidade

Lugo capital

17 de novembro

RETO DE TRANSICIÓN ENERXÉTICA

A Mariña (Foz)

17 de novembro

COVID, A OPORTUNIDADE DO CAMBIO

Chantada - Ulloa

17 de novembro

 

Cada desafío ten unha duración de 3 meses (novembro-xaneiro). O programa inclúe sesións presenciais e telemáticas co obxectivo de realizar unha boa diagnose da situación particular de cada empresa, impartir a formación e desenvolver un acompañamento real de cada unha para responder ás súas necesidades específicas

 

Cada participante terá asignado un profesional que será o seu mentor ó longo do programa. El será o encargado de realizar a avaliación inicial e de establecer o plan de traballo en función das necesidades detectadas.

As accións prácticas que se levarán a cabo serán, entre outras, as seguintes:

  Realización ou actualización da páxina web

  Creación ou mellora das redes sociais

  Posicionamento na rede

  Marketing dixital

  Asesoramento en programas de Xestión e Facturación

 

O prazo de inscrición xa está aberto e pódese formalizar na web: lugoformaciondigital.es

 

 

Móvil: 672 063 331

Email: digitalizacionpymeslugo@eoi.es

Web: www.lugoformaciondigital.es

Comentarios

Sin comentarios en este momento!

Deje su comentario

Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre