Papá, este ano quero que sexas o protagonista.

person Publicado por: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CHANTADA list En: Category 1 En: comment Comentario: 0 favorite Golpear: 422

AMPLIAMOS PRAZO!!! ENVÍA O TEU TEXTO E FOTO ANTES DO 6 DE MARZO!

 

Este ano desde a Asociación de Empresarios queremos que o/os protagonistas da nosa campaña “Día do pai” sexan persoas de verdade, persoas cunha historia.

Por iso este ano lanzamos a I edición do concurso “PAPÁ, ESTE ANO QUERO QUE SEXAS O PROTAGONISTA.

BASES

PAPÁ, ESTE ANO QUERO QUE SEXAS O PROTAGONISTA.

1.     PARTICIPANTES: Para participar no concuro é preciso ser maior de idade ou contar coa autorización do pai / nai / tutor legal.

2.     TEMÁTICA: soamente contaremos cunha categoría “Papá, este ano quero que sexas o protagonista”. A foto que nos envíes debe ser de teu pai posando, traballando … Non se publicarán nin aceptarán archivos con contidos contrarios ao dereito ao honos, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas, nin en xeral, con contidos que sexan contrarios á legalidade vixente. Tampouco se aceptarán fotografías con dereito de propiedade intelectual ou industrial.

3.     FOTOGRAFÍA E TEXTO

a.     Soamente se poderán presentar unha foto por participante.

b.     Non se aceptarán fotografías que non sexan propiedade do/da autor/a

c.     O texto non superará as 1.500 palabras; no mesmo deberase explicar os motivos polos que se quere que a persoa sexa a protagonista da nova cartelería física e nas nosas redes sociais. (Como homenaxe, agradecemento…)

4.     COMO PARTICIPAR:

a.     Deberesa enviar a info@ccaribeirasacra.com un e-mail onde se adxunte nun arquivo a foto e noutro o texto. A foto deberá ser de boa calidade (preferiblemente o protagonista deberá aparecer il só na imaxe) . O texto enviarase preferiblemente en formato PDF. Tamén se admitirán a entrega da foto e do texto na nosa oficina (Praza de Galicia S/N 1º) . Neste caso poderase entregar unha copia da foto que deberá ir gardada nun sobre xunto co texto que deberá ir gardado noutro. No caso das persoas que envíen a información por e-mail deberán informar do seu nome e apelidos así como dun número de teléfono a través do cal poidamos contactar se resulta gañador/a do concurso.

5.     DATA DE ADMISIÓN:

a.     Os envíos poderanse realizar do 17 ao 27 de febreiro de 2022

b.     Entre o 28 de febreiro e o 4 de marzo publicaremos ao gañador / res.

6.     XURADO:

a.      O xurado estará composto por representantes da Asociación de Empresarios de Chantada. . O xurado non coñecerá en ningún momento a autoría dos textos. Poderá ver a/as fotografías gañadoras unha vez realicen a votación. Poderán propoñer a un máximo de 3 gañadores /as.

7.     PROTECCIÓN DE DATOS:

a.     De conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos, infórmase a todo/as os/as participantes que os datos facilitados á Asociación de Empresarios de Chantada ao participar nesta actividade, serán tratados pola Asociación de Empresarios coa finalidade de xestiornar a súa participación no Concurso “Papá, este ano quero que sexas o protagonista”.

b.     As persoas que nos aporten os seus datos teñen dereito a:

                                          i.    Obter información sobre se a Asociación de Empresarios está tratando os seus datos persoais.

                                         ii.    Acceder aos seus datos persoais, así como solicitar a rectificación dos datos e, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios en relación cos fins para os que foron recollidos.

                                         iii.    As persoas interesadas poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, supresión, oposición e limitación do tratamento mediante escrito dirixida á Asociación de Empresarios de Chantada – Praza de Galicia S/N 1º -27.500 – Chantada -Lugo indicando no asusto: Ref. Protección de datos ou a través do e-mail info@ccaribeirasacra.com indicando a mesma referencia.  

                                        iv.    Ao participar no concurso acéptase o tratamento dos datos nos mesmos termos establecidos neste apartado. Consinte así mesmo, a publicación dos seus datos nos medios que se considere.

 

c.     TRATAMENTO DE DATOS DE TERCEIROS

                                          i.    Como na fotografía que se presenta aparece unha persoa física distinta da participante no concurso, a primeira deberá darnos o seu consentimiento mediante un modelo de autorización para a suá posterior publicación.

                                         ii.    Se na fotografía aparece unha persoa xa falecida deberán ser os seus descendentes directos quen nos den o seu consentimiento mediante modelo de autorización.

d.     OUTRAS DISPOSICIÓNS:

                                          i.    A Asociación de Empresarios de Chantada non asume responsabilidade algunha sobre o contido do material facilitado, na medida en que a orixe e a producción da mesma lle resultan axenos.

                                         ii.    A asociación de Empresarios de Chantada resérvase a facultade de modificar o material enviado. Este material poderá ser editado e/ou postproducido.

                                         iii.    A cesión do material será totalmente gratuita, polo que non hai obriga de abono de contraprestación.

                                        iv.    A Asociación de Empresarios de Chantada resérvase o dereito a usar segundo as súas necesidades o material enviado.

                                         v.    Mediante o envío do material, o usuario/a titular acepta todas estas condicións e asume, plena e libremente, todos os dereitos e obrigas recollidos nas mesmas.

 

 

 

 

 

Comentarios

Sin comentarios en este momento!

Deje su comentario

Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre