Bonos impulso - Deputación de Lugo - Solicitude clientes

person Publicado por: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CHANTADA list En: Category 1 En: comment Comentario: 0 favorite Golpear: 687

Do 1 de xuño ao 21 de xuño os clientes poden realizar a solicitude dos bonos impulso da Deputación de Lugo.

Chantada conta con 440 bonos despois do reparto realizado pola Deputación.

Quen pode solicitar o bono?

Calquera persoa que teña máis de 18 anos e resida ou esté empadroado nalgún concello da provincia de Lugo. 

Como solicito o meu bono?

Cubre o formulario que aparece na seguinte ligazón: https://sede.deputacionlugo.org/oficina-lugo/tramites/acceso.do?id=8629&block=PROGRAMAS_DE_EMPREGO_1097&blockType=AREAS_SEDE

Onde debo presentar o formulario?

- No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo ou nalgún rexistro público (Concello , oficina de correos...)

- Sede electrónica da Deputación de Lugo (precisas certificado dixital)

Como recibo o meu bono?

O bono será enviado por parte da Deputación de Lugo ao teu domicilio xunto coa listaxe dos establecementos onde podes canxealos.

Que prazo teño para consumir o meu bono?

O prazo máximo é ata o 31 de agosto.

Podo gastar o meu bono en varios establecementos?

Non, o bono débese gastar nun único establecemento e nunha compra por importe mínimo de 60€

Podo gastar o meu bono noutra localidade?

Non, o bono debe gastarse na localidade na que residas e estés empadroado. Soamente se pode consumir noutra localidade se na que vives non se adheriu ningún establecemento. 

Podo canxear o meu bono en compras de calquera produto?

Os únicos gastos que non se consideran subvencionables son : as bebidas alcohólicas non alimentarias, tabaco e loterías.

Comentarios

Sin comentarios en este momento!

Deje su comentario

Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre