Xornadas formativas "Ser dixital para vender máis"

A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha un ciclo de talleres orientados a mellorar a venda e a atención ao cliente online, onde aprenderemos de casos de éxito para así poder aplicalos a calquera negocio do comercio galego. Tamén poderemos coñecer cómo sacar partido da publicidade de Facebook e Instagram, a mellorar o posicionamiento SEO da túa web ou cómo dixitalizar as túas finanzas.
Este ciclo inclúe unha xornada formativa aberta e doce talleres complementarios impartidos por expertos en dixitalización e dirixidos aos participantes desta primeira xornada.
A primeira das xornadas vaise celebrar o 21 de maio de 12:00 a 13:30h
Se queres anotarte, preme na seguinte ligazón:
https://www.cursosfemxa.es/ser-dixital-para-vender-mais
Comentarios
Sin comentarios en este momento!
Deje su comentario