I Congreso Galego de CCA e CCU

person Publicado por: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CHANTADA list En: Category 1 En: comment Comentario: 0 favorite Golpear: 461

1. Introdución

As asociacións de comerciantes, en moitas vilas constituídas como Centros Comerciais Abertos ou Urbanos, son entidades de grande peso na promoción e defensa dos pequenos establecementos comerciais de servizos da nosas vilas.
Durante as últimas décadas foron as ferramentas máis útiles para mobilizar e reter clientes en zonas periféricas, e contrapeso para os atractivos e servizos que ofrecen os centros comerciais.

Dende o 14 de marzo de 2020, estas entidades e as persoas que executan o traballo, serviron de áncora e punto de información fiable para moitos e moitas comerciantes. Ás que non chegaba a información directamente ou non eran capaces de dixerila; para as que se organizaron compras colectivas de equipos de protección; para as que se repartiron materiais enviados dende a Xunta de Galicia. E, sobre todo, entidades que este ano máis ca nunca estiveron presentes para sacar adiante propostas que defendesen a viabilidade do pequeno comercio e os servizos dos espazos urbanos das nosas vilas e cidades.

Nun momento de cambio e incerteza como o actual, no que os hábitos de consumo mudaron drasticamente, acelerando expoñencialmente procesos coma o da dixitalización das compras, é preciso poñer en marcha unha actualización como a que solicitamos ás pequenas empresas. Unha formación para saber que facer ante un novo paradigma pasaxeiro -a pandemia- e para saber como afrontar o tempo que virá despois.

As asociacións de comerciantes, Zonas Comerciais, ou Centros Comerciais Abertos ou Urbanos de Galicia, levamos moito tempo sen ter un espazo no que compartir experiencias para aprender do traballo dos e das nosas entidades de outros municipios. Sen ter unha formación conxunta que nos axude a orientar as nosas actividades anuais. E incluso, dende as xerencias, hai moitos anos que non somos formados de maneira colectiva.
Por iso, dende o Arteixo CCA queremos propoñer o I Congreso de Centros Comerciais Abertos e Urbanos en colaboración coa Asociación Galega de Xerencia de Centros Comerciais Abertos e Urbanos.

2. Equipo promotor

Promove e organiza o Arteixo CCA, coorganiza a Asociación Galega de Xerencia de Centros Comerciais Abertos e Zonas Comerciais Urbanas.

3. Público asistente e inscricións

Principalmente xerentes de Asociacións de Comerciantes e hostaleiros (CCAs, CCUs, Federacións, etc.) e as súas directivas. Pero tamén técnicos e técnicas encargadas da dinamización comercial das vilas, así como as propias técnicas de comercio da Xunta de Galicia e as PEMES que teñan interese.
O Congreso é gratuíto. Para asistir só será preciso enviar un correo a congreso@agaxecca.gal antes do 9 de marzo ás 23.59 co nome completo, entidade da que se provén -de ser o caso- e teléfono de contacto.

4. Datas

10 e 11 de marzo, vía telemática debido ás actuais restricións sanitarias. O Congreso está dividido en 1 xornada e media (1 mañá e 2 tardes).

5. Desenvolvemento

Será a través da plataforma telemática Zoom, e será posteriormente subido a internet para poder ser visionado de xeito libre.

Enviarase un enlace co enderezo nos días previos, xunto á final confirmación de inscrición.

Establecemos relatorios de expertos de 35 minutos de duración e mesas redondas de 1h15 con entidades e administracións, e sesións de 20 minutos de exposición de proxectos realizados por entidades e empresas.

6. Horario, temas e panelistas

Mércores 10

16.00h Apertura con autoridades.

16.45h PROXECTO Como vender a distancia, utilizando as Redes Sociais Ana Mesías Díaz – Xerente de Nayma Moda Mujer

17.15h RELATORIO Ecommerce e marketplace para o pequeno comercio e os CCA: saída, perdición ou burbulla? Javier Rocamora, Consultor en marketing online e estratexia en Las 3 en punto.

18.30h RELATORIO Liña de subvencións para Centros Comerciais Abertos e Urbanos da Xunta de Galicia: dúbidas e optimización do proceso. Persoal técnico Xunta de Galicia.

Xoves 11

9.30h PROXECTO Campañas de éxito na dinamización dos últimos anos: “El Juego de Vitoria-Gasteiz” e o “Mercado de la Almendra”. Patricia García Xerente de Gasteiz On (Vitoria-Gasteiz).

10.00h MESA REDONDA A adaptación urbana para fortalecer o comercio, experiencias e testemuñas dos comercios afectados. Anabel Gulías, Concello de Pontevedra; Ernesto Filgueira, Ex-Presidente Pontevedra Zona Monumental; Carlos Bethencurt, Presidente de Zona Triana.

11.15h RELATORIO Adaptación das entidades comerciais á nova normalidade, o papel das administracións e a experiencia da cooperación Chaves-Verín (Eurocidade). Vitor Pimentel; Presidente na ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega).

12.00h DESCANSO

12.15h PROXECTO A especialización e a venda multicanal no pequeno comercio. Tatiana Pérez, fundadora de Tea Bridge London.

12.45h MESA REDONDA Estratexia pública para a reactivación do consumo no pequeno comercio, hostalaría e servizos. Experiencias de políticas de incentivo das vendas. Xunta de Galicia, Emma Cid, Conselleira Técnica do Concello da Coruña; Patricia García Xerente de Gasteiz On (Vitoria-Gasteiz).

14.00h COMIDA

16.00h RECONEXIÓN

16.15h RELATORIO Adaptación das entidades comerciais á nova normalidade. O papel da administración pública e a importancia da dixitalización. Rui Marques, Director Xeral da Associação Comercial de Braga.

17.00h MESA REDONDA Cara onde van os CCAs/CCUs, financiación pública e propostas para fortalecer as entidades. Xosé Regueira, Concello de Carballo, Blas Piñeiro. Deputación da Coruña; Xunta de Galicia; José Ángel Blanco, Xerente de Compostela Monumental.

18.30 Clausura con autoridades

Comentarios

Sin comentarios en este momento!

Deje su comentario

Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre