Elfos y calcetines

person Publicado por: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CHANTADA list En: Category 1 En: comment Comentario: 0 favorite Golpear: 480

Volve Elfos y Calcetines!!!

O ano pasado a campaña viuse afectada polo Coronavirus pero este ano esta campaña recupera o seu formato orixinal e incluso dan un paso máis ... VERSIÓN 5.0

Quen é quen nesta campaña?

Calcetines: Son menores, dende 0 a 18 anos que viven en casas de acollida, centros de menores ou forman parte de familias en risco de exclusión social. 

Pantuflas: Persoas maiores que pasan o Nadal en centros ou que viven en familias en risco de exclusión social. Tamén adultos con circunstancias socio-económicas complicadas e/ou sin teito.  

Elfos: Son todas as persoas que se rexistran para mercar os agasallos dos Calcetíns e Pantuflas. 

Puntos Elfo: Son empresas, negocios, asociacións que colaboramos na recollida dos agasallos mercados polos Elfos. Estamos repartidos por toda a comunidade autónoma. Eses agasallos serán recollidos por entidades colaboradoras para que os seus destinatarios finais os reciban.

Como podo ser un Elfo?

Entre o 1 e o 14 de novembro entra na seguinte ligazón  http://www.elfosycalcetines.org/elfos/registro/  e rexístrate como Elfo.

Poderás escoller entre:

Elfo clásico: mercarás o agasallo (recorda apostar polo comercio local)  e entregaralo no Punto Elfo máis próximo .

En Chantada A Asociación de Empresarios será o punto habilitado (Praza de Galicia S/N 1ª pranta) 

Elfo Online: realiza un ingreso na conta da entidade colaboradora e serán elas as encargadas de mercar o agasallo no teu nome. 

Cando recibirei a carta do meu Calcetín / Pantufla?

A partir do 3 de decembro recibirás na túa conta de e-mail a carta que che sexa asignada.

Cando debo entregar o meu agasallo no Punto Elfo?

Entre o 4 e o 18 de decembro para que as entidades colaboras poidan recoller os agasallos e repartilos entre os Calcetíns e Pantuflas. 

Que presuposto hai para cada agasallo?

En calquera dos casos (Elfo clásico ou online) o presuposto será dun máximo de 35€ co fin de evitar diferenzas entre Calcetíns.

POR UN NADAL MÁXICAMENTE SOLIDARIO!

Comentarios

Sin comentarios en este momento!

Deje su comentario

Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre