Convenio colaboración ABANCA - AECH

ABANCA renova o seu convenio cos empresarios de Chantada e o CCA Ribeira Sacra en apoio ao comercio de proximidade
▪ O acordo permitirá unha mellora do acceso ao crédito dos comercios do municipio ▪ ABANCA pon a disposición dos empresarios e comerciantes o Programa Cero Comisións de ABANCA e o sistema de cobro Aprazos
▪ O banco activa as liñas de financiamento do ICO para apoiar as necesidades actuais dos asociados 26.03.2021. ABANCA e a Asociación de Empresarios de Chantada e o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra veñen de renovar un acordo de colaboración que supón un claro apoio do banco ao mantemento e crecemento do comercio local, un dos sectores máis presentes na comunidade galega.
O convenio foi asinado esta mañá polo presidente da Asociación de Empresarios de Chantada e o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra, Nestor Quiroga, e o coordinador de Institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez. O documento renóvase nun momento crítico para o comercio de proximidade debido á crise xerada pola COVID-19.
No texto recóllense un plan de financiamento que responde de forma íntegra ás necesidades das empresas e comercios asociados, pero tamén unha serie de produtos e servizos que fan posible tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade dos negocios. Deste xeito, os empresarios do municipio contarán con produtos deseñados de forma específica, como préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
Para poder responder ás demandas da actividade diaria, o convenio inclúe solucións para as necesidades máis inmediatas dos empresarios. O colectivo tamén contará con produtos e servizos á súa disposición, como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. No documento tamén se fai fincapé no financiamento oficial dos programas do ICO e as SGR galegas.
Os comerciantes gozarán das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques e outros servizos necesarios de forma habitual.
O banco pon a disposición dos asociados a banca electrónica, o Bróker Online, ABANCA Pay e o servizo Appúntame. Este último permite xestionar de forma sinxela calquera tipo de cotas, domiciliacións ou subscricións, tanto para eles como para os clientes. O banco ofrece aos empresarios os sistemas de TPVs físicos e virtuais, estes últimos de especial relevancia nos últimos tempos, nos que a distancia social é imprescindible e o comercio online está en pleno auxe
Comentarios
Sin comentarios en este momento!
Deje su comentario