Colaboración axuda Ucrania
Varios establecementos asociados solicitaron a nosa colaboración na difusión da seguinte información:
Entre o 18 e o 20 de marzo, sairá desde Chantada rumbo a Ucrania un tráiler con alimentos, medicamentos, produtos de hixiene, roupa, mantas…
Se estades interesad@s en colaborar con esta iniciativa deixámosvos a continuación os puntos habilitados para a recollida de alimentos e tamén o teléfono da persoa responsable de darvos máis información sobre a entrega de artigos que non sexan de alimentación ou hixiene básica.
PUNTOS DE RECOLLIDA PARA ALIMENTOS:
- SUPERMERCADO UNIÓN (DULCE)
- SUPERMERCADO CLAUDIO
- EROSKI
Nestes puntos de recollida atoparedes información sobre os produtos máis necesarios para enviar.
- Iremos actulizando os puntos de recollida se é preciso.
RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS, ROUPA E DEMAIS PRODUTOS
- CHAMAR AO 600 480 743 (ROBERTO)
- VINIGALIA CTRA LUGO-OURENSE KM50 (HORARIO DE LUNS A VENRES DE 10:00 A 13:00 E DE 16:00 A 18:00)
Agradecemos a vosa colaboración de antemán.
Comentarios
Sin comentarios en este momento!
Deje su comentario