Campaña Día do Neno

Despois do cambio de data na celebración da campaña "Día do neno", este venres 16 de setembro, @s máis cativ@s teñen unha cita no parque Eloísa Rivadulla para pasar unha tarde diferente e divertida.
Para poder acceder ás instalacións débese presentar un ticket de compra por importe mínimo de 10€ (un por cada nen@) dos días 7 - 9 - 15 ou 16 de setembro dalgún dos establecementos pertencentes á Asociación de Empresarios de Chantada.
(Os establecementos están identificados co cartel da campaña)
Campaña organizada pola Asociación de Empresarios de Chantada, coa colaboración do Concello de Chantada. Proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia - Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía , Industria e Innovación.
Comentarios
Sin comentarios en este momento!
Deje su comentario