Bonos impulso - Deputación de Lugo - Adhesión establecementos (Comercio e hostalaría)

INSTRUCIÓNS DOS BONOS IMPULSO - DEPUTACIÓN DE LUGO - ADHESIÓN DE ESTABLECEMENTOS
Se es autónomo, microempresa ou pequena empresa da provincia de Lugo e desexas acollerte o Plan de Fomento do Consumo da Deputación de Lugo:
ÚNETE, É MOI SINXELO!!!
1. COMPLETA O FORMULARIO E DÁLLE A ENVIAR. PRAZO ATA O 25 DE MAIO DO 2021.
2. RECIBIRÁS UN E-MAIL CONFIRMANDO QUE A ADHESIÓN FOI CORRECTA.
3. PUBLICAREMOS UNHA LISTAXE NA WEB DA DEPUTACIÓN COS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS POR CONCELLO E FARÉMOSCHE CHEGAR UN DISTINTIVO DO PROGRAMA PARA QUE OS CONSUMIDORES POIDAN IDENTIFICARTE.
4. ESPERA A QUE SE FAGAN OS BONOS EFECTIVOS NO TEU ESTABLECEMENTO (PRAZO MÁXIMO DE CONSUMO 31/08/2021).
5. FAI EFECTIVOS OS TEUS BONOS. PRESENTA NA SEDE DA DEPUTACIÓN DE LUGO A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN: Anexo de Xustificación, os bonos xunto aos tíckets de compra, así como o documento emitido pola túa entidade bancaria con identificación da conta onde realizar o abono. Prazo máximo de presentación 15 de setembro do 2021.
RECORDA…
De xeito previo debes comprobar a identidade do beneficiario a través do DNI.
O tícket/factura debe conter desagregación dos artigos. Quedan excluídos destas desagregacións mencións xenéricas do tipo: “varios”, “bebidas” ou similares.
Os únicos gastos que non se consideran subvencionables son: as bebidas alcohólicas non alimentarias, tabaco e lotarías .
No caso de producirse una devolución da compra, en ningún caso se producirá a devolución en metálico, polo que se poderá realizar un cambio de produto ou xerar un cheque valor para unha compra posterior.
Ligazón para adherir o teu establecemento.
Comentarios
Sin comentarios en este momento!
Deje su comentario