Bonos activa comercio - Alta clientes

person Publicado por: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CHANTADA list En: Category 1 En: comment Comentario: 0 favorite Golpear: 928

BONOS ACTIVA COMERCIO - ALTA CLIENTES

Quen pode solicitar un bono?

Calquera persoa física maior de idade e residente na Comunicade Autónoma de Galicia.

A partir de que data pode solicitar o meu bono desconto?

A partir do 3 de maio. O saldo do teu bono será de 30€

Como realizo o rexistro como cliente?

1.- Rexístrate en http://www.bonosactivacomercio.gal Recorda ter a man o teu DNI e contar con unha conta de correo electrónico.

2.- Cubre os datos que se solictan na web tales como nome e apelidos, localidade, nº de teléfono…

3.- Descarga a APP "Bonos activa comercio" .

4.- Activa o teu bono.

Como é o proceso de pago?

1.- Busca o distintivo nos teus establecementos de confianza.

2.- Realiza unha compra por un importe mínimo de 30€

3.- Ensina o teu bono a través da aplicación (Código QR)

4.- Paga a diferenza , despois de que se che realice o desconto.

5.- A propia aplicación actualizará o teu saldo dispoñible.

Podo gastar todo o meu bono no mesmo establecemento?

Si, pero debes facelo en compras distintas. Recorda que non che farán ningún desconto superior a 10€ sexa cal sexa o importe da túa compra.

Teño un prazo para gastar o meu bono?

Si, dende o momento no que se active o teu bono, contarás con un prazo de 3 meses para gastalo.

Canto me descontarán en cada compra?

Se a compra supera os 30€ e ata os 50€ o desconto será de 5€

Para as compras de máis de 50€ o desconto será de 10€

Podo solicitar un cambio ou devolución?

Podes cambiar o que desexes tendo sempre en conta a política existente no comercio en canto a cambios e devolucións. O comerciante non poderá devolverche, en ningún caso, o importe do desconto aplicado en efectivo.

 

 

Comentarios

Sin comentarios en este momento!

Deje su comentario

Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre