A FP DUAL na empresa

person Publicado por: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE CHANTADA list En: Category 1 En: comment Comentario: 0 favorite Golpear: 447

FP DUAL (FORMACIÓN PROFESIONAL DÚAL) A FP Dual é unha modalidade de formación profesional na cal existe unha alternancia de actividade laboral nas empresas coa actividade formativa nos centros educativos.

Na FP Dual combínase a formación do alumno no centro educativo coa súa formación e traballo na empresa. Na súa estancia na empresa o alumno en horas de traballo será considerado coma un traballador máis e salvo excepcións o seu horario e desenvolvemento será similar ao de calquera outro traballador.

• SALARIO NA EMPRESA O alumno na empresa recibe formación pero tamén traballa. A súa remuneración será proporcional ao tempo que bota facendo traballo cando está na empresa (tempo efectivo de traballo) que non é tempo no que recibe formación. O alumno terá a condición de bolseiro e o seu salario non poderá ser inferior á metade da contía do SMI (non será inferior a 475€ a día de hoxe).

• SEGURIDADE SOCIAL NA EMPRESA: BONIFICACIÓNS A cotización do alumnado bolseiro de FP Dual está bonificada nun 100%.

• COMO SE FORMALIZA A COLABORACIÓN ENTRE CENTRO FORMATIVO E EMPRESA Hai que facer un convenio de colaboración entre a empresa e a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Neste convenio entre outras cousas refléxase o salario e a temporalización do servizo. Todos estes trámites xéranse no centro. A empresa salvo o contrato e xestión da seguridade social non ten que facer ningún tipo de traballo.

• DURACIÓN DO CICLO Cada ciclo formativo abarca un período de 2 anos, excepcionalmente 3.

• RELACIÓN DA EMPRESA CO CENTRO A empresa nomeará un ou varios titores do alumno. O centro tamén nomeará un titor. Ámbalas dúas partes consensuarán o denominado programa formativo. Unha vez conseguido o titor do centro establecerá un seguimento para a posteriormente poder cualificar ao alumno. Rematado o proceso a empresa emitirá unha valoración en termos de FAVORABLE ou NON FAVORABLE.

• TEMPORALIZACIÓN Normalmente os 6 primeiros meses o alumno estará no centro formativo recibindo formación e preparándose. Nos seguintes 6 ir á empresa segundo o acordado entre centro e empresa. De xeito similar no segundo ano con algunhas variacións pero todo acordado entre centro e empresa.CIRCULAR 25/2021 A FP DUAL NA EMPRESA

• VACACIÓNS DO ALUMNADO Disporá dun período de vacacións de 30 días naturais. Dentro deles compútanse os días de vacacións que tivo no centro educativo e os días restantes serán os que terá durante a súa estadía na empresa sempre e cando os 30 días non foron esgotados.

• SELECCIÓN DO ALUMNADO O empresa pode realizar un proceso de selección mantendo entrevistas co alumnado interesado. Se a empresa o ve convinte pode rexeitar ao alumnado que vexa que non entra dentro dos seus perfís ou das súas preferencias. Entre os elixidos a empresa e o centro educativo seleccionarán o alumnado que teña o perfil que mellor se adapte ás características da actividade propia da empresa, de acordo co número de prazas. Para esta selección poden terse en conta diferentes aspectos (preferencias, distancia ao centro, etc.)

Comentarios

Sin comentarios en este momento!

Deje su comentario

Domingo Lunes Martes Miércoles Jueves Viernes Sábado Enero Febrero Marzo Abril Mayo Junio Julio Agosto Septiembre Octubre Noviembre Diciembre